Inicio Sin categoría Las Escuelas Deportivas Municipal de la S.C.D. SALCEDO, abren el plazo en...

Las Escuelas Deportivas Municipal de la S.C.D. SALCEDO, abren el plazo en Fútbol – Sala, Fútbol – 8 y Fútbol – 11 para equipos mixtos.

830
0
Compartir
ESCUELAS DEPORTIVAS SCD SALCEDO

INFORMACIÓN PARA A INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Presentación

Comeza o proceso para participar no programa de Escolas Deportivas Municipais 21/22 do concello de Pontevedra, que se desenvolverán dende o 18/10/21 ata o 31/05/22. Este programa vai dirixido á poboación en idade escolar, de entre 4 e 14 anos, e ten por obxecto a promoción e práctica da actividade física e deportiva ao tempo que favorece hábitos de vida saudables.

A actividade terá un custo, por actividade e curso de 50,00€ por cada neno/a. E se desenvolverá ata o 31/5/2022, coincidindo co calendario de vacacións escolares.

Prazo de preinscrición: 06/10/2021 ás 09:00 ao 11/10/2021 ás 10:00.

Poderá elixir entre unha veintena de modalidades deportivas organizadas por un total de 27 asociacións deportivas do Concello de Pontevedra, en la que nuestro club esta presente. Consulta a oferta deste ano nos despregables que aparecerán unha vez confirme o ano de nacemento do/a participante no formulario

A información completa das actividades que se poden desenvolver a teñen a disposición no seguinte enlace.

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA ENCHER E ENVIAR O FORMULARIO

A preinscrición non garante a praza nas escolas escollidas, algunhas probablemente terán máis demanda que oferta e as solicitudes entrarán nun sorteo.

Para proceder á preinscrición, terá que cubrir o formulario ata o final, enchendo obrigatoriamente os campos sinalados co “*”.

Unha vez que se cubra completamente o formulario, este non poderá ser modificado, e non poderán enviarse máis que un formulario por neno/a, polo cal antes de cubrir e enviar deberá estar seguro das opcións escollidas para o/a menor.

Só poderá visualizar as actividades que se correspondan co ano de nacemento do menor.

Ao final do proceso da preinscrición recibirá un correo-e de confirmación da preinscrición.

Para acceder a la pagina de inscripción PINCHA AQUÍ

Enlaces de interese

Unha vez rematado o prazo de preinscrición, presentaranse os listados provisionais de pre-inscritos en cada escola deportiva que poderás consultar na páxina web oficial do Concello de Pontevedra http://www.pontevedra.gal (na área de deportes) ou en http://deportepo.blogspot.com/

Calendario do proceso de inscrición (enlace)

© Información sacada de la pagina del Concello de Pontevedra

¡SOMOS LENDA, SOMOS FORZA!

Sociedad Cultural Deportiva Salcedo

Escuela Deportiva Municipal SCD SALCEDO