Inicio Entroido 2020 Desfile Carnaval XI ENTROIDO SALCEDO

XI ENTROIDO SALCEDO

604
0
Compartir

Desfile do Entroido 2025
Parroquia de Salcedo
BASES

O domingo, 30 de marzo terá lugar o Entroido 2025, que nesta XI Edición que organiza a nosa entidade. A Sociedad Cultural Deportiva Salcedo (S.C.D. SALCEDO) que convoca o Desfile / Concurso de Comparsas,
grupos e individuaís de entroido.

BASES ENTROIDO:

1) A participación implica a aceptación das presentes bases e está aberta a todas as asociacións de
vecinos/as, asociación culturais ou xuvenís, grupos, colexios, ou persoas de forma individual que desexen
participar, etc.

2) O desfile terá lugar o domingo 30 de marzo de 2025, a saída e inscricións serán xunto a entrada
Almuiña entre as dúas pontes da autopista, a partir das 16:15.
A saída será a partir das 17:00 sé organización, participantes e mais a climatoloxía así o permiten.
** Os participantes poden achegar a partir das 15:00 horas, xa que os arredores do lugar de saída haberá un dispositivo de tráfico a partir das 14:55, para organización do inicio do desfile e montaxe dos elementos que sexan precisos por parte dos participantes.

3) O percorrido será:
Dende a ponte do Xistro – Almuiña ata o NOVO CENTRO SOCIAL DE SALCEDO (A CASA VERDE)

4) A elección dos MELLORES ENTROIDOS, será valorado por un xurado nomeado para tal efecto e terase
en conta:

  • A orixinalidade, e chispa diante do público, -> 1 a 5 puntos
  • O vestiario, e creatividade. (tanto no deseño do propio disfraz como nas carrozas que o acompañen) -> 1 a 10 puntos
  • A música e coreografía, que sexa a maís graciosa -> 1 a 5 puntos.

5) O xurado estará composto por un representante da Sociedad Cultural Deportiva Salcedo, representantes de asociacións veciñais e persoeiros do mundo da cultura da parroquia de Salcedo….

O xurado estará composto por un total de 5 a 8 membros.

A secretaria da S.C.D. SALCEDO, será a presidente do xurado e a persoa designada para dar a coñecer os premiados. A suma dos puntos dado a cada participante por parte dos membros do xurado dará lugar os gañadores do desfile, que serán aqueles que sumen mais puntos.

6) Os participantes poderán utilizar todos aqueles instrumentos musicais que desexen, para levar a cabo a súa representación.

7) Non existe idade mínima nin máxima para a participación de forma individual ou conxunta neste desfile.

8) E preciso que os participantes fagan todo o percorrido do desfile para poder puntuar nos premios, sendo motivo de exclusión o feito de que abandonen ou non realicen unha parte do percorrido.

9) Será preciso que os participantes no desfile se atopen na zona designada para o comezo do desfile entre 45-60 minutos antes de comezar.

10) A cada participante daráselle un número que terán que levar visible durante todo o desfile para que os membros do xurado poidan realizar a valoración de cada un. Serán entregados por membros da organización anteriormente o comezo do desfile.

11) A organización deste evento, reservase o dereito de poder descualificar a aqueles participantes que mostren un carácter impropio da participación neste tipo de eventos, ou teñan unha actitude negativa con respecto o resto dos participantes.

12) Calqueira dúbida con respecto a organización, clasificación, percorrido…., que se refira o desfile do ENTROIDO 2025, por parte dos participantes deberá ser dirixida os membros da organización deste evento para que sexa resolta. (Os membros da organización estarán claramente identificados para que se recoñeza quen son…)

13) PREMIOS POR CATEGORIAS:

1º Categoría Comparsas :

A participación no desfile con unha comparsa será previa inscripción o desfile. Para participar como comparsa e preciso cumprir unha serie de requisitos coma, ter mais de 40 membros de participante (podese varias un pouco) Este importe fixarase en función da recaudación para o evento es maís do número de comparsas participantes.

2º Categoría de grupos, parexas ou individuaís:

O premio fixarase en función do presuposto obtido, dado que todos os premios serán cuantías económicas. Agasallos para grupos , parexas ou individuáis (Serán económicos en función dos fondos recaudados): 1º premio, 2º premio y 3º premio

14) As inscricións de comparsas, grupos ou individuais faranse a través da Sociedad Cultural Deportiva Salcedo, podendo obter por escoller calquera das seguintes opción:

  • Telefónica: Tito Telf. 666.02.84.73 – Meli: 660.98.34.59
  • E- mail de scdsalcedo@hotmail.com – ameliebarreiro@hotmail.com – eventosalcedo@gmail.com
  • Directamente o día do desfile media hora antes do inicio como máximo.

Tamen podese facer a través deste formulario a inscripción e poñeremonos en contacto con vos. Para proceder a inscricións debe indicarse o nome da comparsa ou no seu caso do disfraz que vai participar, número de compoñentes que o forman, un número de teléfono para comunicarse coa persoa responsable, por si existise algunha comunicación urxente.

15) Entrega de Premios: Unha vez finalizado o desfile procederase a deliberación por parte do xurado durante un tempo máximo de 60 minutos. Unha vez rematado o prazo de deliberación procederase a entrega dos premios os participantes. No caso das comparsas requírese a presencia de polo menos tres membros desta para recoller o premio (cheque).

PROGRAMACIÓN:

  • 16:15 – Inscripción das comparsas grupos e demais participantes nas inmediacións das pontesentre Almuiña e o Xistro.
  • 17:00 – Desfile de comparsas, carrozas, grupos e demais. Saída das pontes da autopista entre Almuiña e O Xistro, pasando por Lg. Carballo do Pazo, seguindo ata o cruce da farmacia, xirando dirección o Cruceiro de Cabanas, por aldea cabanas e Iglesia e rematando no centro social (Casa verde).
  • 19:30 – Enterro de pichinela. Amenizando.
  • 20:30 – Entrega de premios do entroido a tódalas categorías.
  • 21:00 – Espectáculo de Música con DJ.

SAÚDO DO PRESIDENTE

A Sociedad Cultural Deportiva Salcedo, ten a honra de organizar por 11º ano o «Entroido de Salcedo, onde un ano mais contaremos con desfile de comparsas e disfraces, enterro do pichinela e baile.

Gustaríanos contar coa vosa participación, e asistencia a este evento no que agardamos pasalo todos moi ben. Pola nosa parte poñemos moitas ganas para que en Salcedo volvamos contar cun Entroido a altura do noso pobo.

O Entroido e para todos aqueles que desexedes disfrutar dunha tarde en familia, agardamosvós. E non podo deixar de agradecer a toda a parroquia de Salcedo que colaboré coa nosa entidade para lograr os fondos precisos para financiar os agasallos que entregamos a todos os gañadores.

Contamos con vos, un saúdo.

D. José Antonio Barreiro Iglesias

Presidente da S.C.D. Salcedo.