Inicio Eventos Cultural Entroido 2024 DESFILE CARNAVAL

DESFILE CARNAVAL

X ENTROIDO SALCEDO 2024

O DOMINGO 10 DE MARZO DE 2024 terá lugar o Entroido 2024, nesta decima edición que organiza a nosa entidade. Nesta ocasión teremos como novidade, un novo itinerario para o desfile de entroido pola parroquia de Salcedo.

A Sociedad Cultural Deportiva Salcedo convoca o Desfile/ Concurso de Comparsas e disfraces.

BASES ENTROIDO:

1) A participación implica a aceptación das presentes bases e está aberta a todas as asociacións de veciños/as, asociacións culturais ou xuvenís, grupos, colexios, ou persoas de forma individual que desexen participar, etc.

NOVIDADE DESTE ANO, MODIFÍCASE O PERCORRIDO DO DESFILE – PINCHA AQUI PARA VER AS RESTRICCIÓNS E O PERCORRIDO

2) O desfile terá lugar o 10 de marzo de 2024. A inscripción será xunto as pontes da autopista, na zona de xistro, a carón da entrada hacia Almuiña, a partir das 15:30.
A saída será dende ese mismo punto, a partir das 17:00 se a organización, os participantes e a climatoloxía así o permiten.

** Os participantes poden achegarse a partir das 15:00 horas, xa que nos arredores do lugar de saída se pechará o tráfico as 14:55, para organización do inicio do desfile e a montaxe dos elementos que sexan precisos por parte dos participantes.

3) O percorrido será:
Dende as pontes da autopista na zona de Xistro-Almuiña ata o NOVO CENTRO SOCIAL DE SALCEDO (A CASA VERDE)


4) A elección dos MELLORES ENTROIDOS, será valorado por un xurado nomeado para tal efecto e terase en conta:

  • A orixinalidad e a chispa diante do público,  1 a 5 puntos
  • O vestiario e a creatividade (tanto no deseño do propio disfraz como nas carrozas que o acompañen).  1 a 10 puntos
  • A música e coreografía, que sexa a máis graciosa e que anime  1 a 5 puntos.

5) O xurado estará composto por un total de 5 a 8 membros. A secretaria da S.C.D. SALCEDO, será a presidente do xurado e a persoa designada para dar a coñecer os premiados. O resto do xurado estará composto por representantes de asociacións veciñaís e persoeiros do mundo da cultura da parroquia de Salcedo. A suma dos puntos dado a cada participante por parte dos membros do xurado dara lugar os gañadores do desfile, que serán aqueles que sumen máis puntos.

6) Os participantes poderán utilizar todos aqueles instrumentos musicáis que desexen para levar a cabo a sua representación.

7) Non existe idade mínima nin máxima para a participación de forma individual ou conxunta neste desfile.

8) E preciso que os participantes fagan todo o percorrido do desfile para poder puntuar nos premios, sendo motivo de exclusión o feito de que abandonen ou non realicen unha parte do percorrido.

9) Será preciso que os participantes do desfile se atopen na zona designada para o comezo do desfile entre 45-60 minutos antes de comenzar.

10) A cada participante daráselle un número que terán que levar visible durante todo o desfile para que os membros do xurado poidan realizar a valoración de cada un. Serán entregados por membros da organización previo o comezo do desfile.

11) A organización deste evento, reservase o dereito de poder descalificar a aqueles participantes que mostren un carácter impropio da participación neste tipo de eventos ou teñan unha actitude negativa con respecto o resto dos participantes.

12) Calquera dúbida con respecto a organización, clasificación, percorrido, etc., que se refira o desfile do ENTROIDO 2024 por parte dos participantes, deberá ser dirixida ós membros da organización deste evento para que sexa resolta. (Os membros da organización estarán claramente identificados para facilitar o seu recoñecemento)

13) PREMIOS POR CATEGORIAS:

1º Categoría Comparsas, NON entran en valoración de premios:
A participación no desfile con unha comparsa será previa inscripción o desfile.  Para participar como comparsa e preciso cumprir unha serie de requisitos coma ter máis de 40 membros (podese variar un pouco). Este importe fixarase en función da recaudación para o evento e máis do numero de comparsas participantes.

2º Categoría de grupos, parellas ou individuais:
O premio fixarase en función do presuposto obtido, dado que todos os premios serán cuantías económicas. Agasallos para grupos , parellas ou individuais (Serán económicos en función dos fondos recaudados) no seguinte orde 1°, 2° e 3° clasificado.

14) As inscricións de comparsas, grupos ou individuais faránse a través da Sociedad Cultural Deportiva Salcedo, poidendo obtar por escoller calquera das seguintes opción:

  • Telefonica: Tito Telf. 666.02.84.73 – Meli: 660.98.34.59
  • E- mail de  eventosalcedo@gmail.com – ameliebarreiro@hotmail.com 
  • Directamente o día do desfile media hora antes do inicio como máximo.
  • Tamén se pode facer a través deste formulario a inscripción e seremos nós os que nos poñeremos en contacto con vos.

Para proceder a inscripción debe indicarse o nome da comparsa ou no seu caso do disfraz que vai participar, número de componentes que o forman e un número de teléfono para comunicarse coa persoa responsable, por si existise algunha comunicación urxente.

15) Entrega de Premios: Unha vez finalizado o desfile procederase a deliberación por parte do xurado durante un tempo máximo de 60 minutos. Unha vez rematado o prazo de deliberación procederase a entrega dos premios os participantes. No caso das comparsas requirese a presencia de polo menos tres membros desta para recoller o premio (cheque).

CARNAVAL 2017

 

ANTERIOR EDICIÓN: VII ENTROIDO SALCEDO 2019

CARNAVAL 2019

 

ANTEPENULTIMA EDICIÓN: VI ENTROIDO SALCEDO 2018

CARTEL ENTROIDO 2018

 

OTRAS EDICIONES:

– EDICIÓN: V ENTROIDO SALCEDO 2017 

CARNAVAL 2017
CARNAVAL 2017
CARNAVAL 2017
CARNAVAL 2017