A RFGF (Real Federación Gallega de Fútbol) informa o seguinte: todas as competicións e eventos deportivos, profesionais e non profesionais, de ámbito estatal disputaranse tamén en Galicia a porta pechada
A RFGF, seguindo as recomendacións da Real Federación Española de Fútbol a través da circular que enviou ás Federacións Territoriais onde lles traslada que, á vista da evolución da situación xerada pola transmisión do COVID-19, o Consello Superior de Deportes informou da adopción por parte do Goberno de España dun conxunto de medidas preventivas entre as que se atopan a celebración de todas as competicións e eventos deportivos, profesionais e non profesionais, de ámbito estatal e internacional a porta pechada.
Estas decisións estarán suxeitas aos cambios que se nos aconsellen en cada momento desde as autoridades sanitarias e deportivas.
Así, todas as competicións e eventos deportivos, profesionais e non profesionais, de ámbito estatal e internacional xogaranse tamén en Galicia a porta pechada ata novo aviso. As categorías que se ven afectadas son as seguintes:
- Primeira División
- Segunda División
- Segunda División B
- Terceira División
- División de Honra Xuvenil
- Liga Nacional Xuvenil
- Primeira Iberdrola
- Reto Iberdrola
- Primeira Nacional Feminina
- Primeira División de Fútbol Sala
- Segunda División de Fútbol Sala
- Segunda División B de Fútbol Sala
- Terceira División de Fútbol Sala
FÚTBOL BASE
En canto á competición do fútbol afeccionado e fútbol base en Galicia, a RFGF mantense á espera da decisión das autoridades autonómicas competentes. A RFGF comunicará de forma inmediata a todo o fútbol de Galicia calquera decisión definitiva respecto diso.
Cómpre salientar que este mércores terá lugar en Santiago de Compostela ás 18 horas unha reunión da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia con todas as Federacións Deportivas Galegas.
¡SOMOS LENDA, SOMOS FORZA!
Sociedad Cultural Deportiva Salcedo