Desfile do Entroido 2026
Parroquia de Salcedo
BASES
A XII edición do Entroido Salcedo, que como en edición anteriores será organizado pola Sociedad Cultural Deportiva Salcedo (S.C.D. Salcedo), será un “ Desfile de Comparsas”, e “Concurso de Grupos, Parellas e Individuais”, polas rúas da parroquia de Salcedo – Pontevedra.
BASES ENTROIDO:
1) A participación implica a aceptación das presentes bases e está aberta a todas as asociacións de vecinos/as, asociación culturais ou xuvenís, grupos, colexios, ou persoas de forma individual que desexen participar, etc.
2) O desfile terá lugar o domingo, 15 de marzo de 2026, a saída e inscricións serán xunto o cruce Xistro – coa EP-0012, a partir das 15:45.
A saída será a partir das 17:00 séa organización e participantes e mais a climatoloxía así o permitan.
** Os participantes poden achegar a partir das 15:00 horas, xa que os arredores do lugar de saída haberá un dispositivo especial de trafico a partir das 14:55, para organización do inicio do desfile e montaxe dos elementos que sexan precisos por parte dos participantes.
3) O desfile realizará o seguinte itinerario:
Cruce do Xistro (Cruce coa EP-0012 (pincha aqui)) → Novo Centro Social de Salcedo (Casa Verde)
4) A elección dos MELLORES ENTROIDOS, será valorado por un xurado nomeado para tal efecto e terase en conta:
- Orixinalidade e interacción co público → 1 – 5 puntos
- Vestiario e creatividade (disfraz e carrozas) → 1 – 5 puntos
- Música e coreografía → 1 – 5 puntos

5) O xurado estará composto por: O xurado estará formado por:
- Un representante da S.C.D. Salcedo
- Representantes de asociacións veciñais
- Persoeiros da cultura da parroquia
Estará composto por entre 5 e 8 membros.
A Secretaria da S.C.D. Salcedo actuará como presidenta do xurado e será a encargada de anunciar os premiados.
Os gañadores serán aqueles que obteñan a maior puntuación total.
6) Música e animación
Os participantes poderán empregar calquera instrumento musical ou soporte sonoro para a súa actuación.
Recordar que as comparsas deben levar música en directo.
7) Non existe idade mínima nin máxima para a participación de forma individual ou conxunta neste desfile.
8) E preciso que os participantes fagan todo o percorrido do desfile para poder puntuar nos premios, sendo motivo de exclusión o feito de que abandonen ou non realicen unha parte do percorrido.
9) Será preciso que os participantes no desfile se atopen na zona designada para o comezo do desfile entre 45-60 minutos antes de comezar.
10) A cada participante daráselle un número que terán que levar visible durante todo o desfile para que os membros do xurado poidan realizar a valoración de cada un. Serán entregados por membros da organización anteriormente o comezo do desfile.
11) A organización deste evento, reservase o dereito de poder descualificar a aqueles participantes que mostren un carácter impropio da participación neste tipo de eventos, ou teñan unha actitude negativa con respecto o resto dos participantes.
12) Calqueira dúbida con respecto a organización, clasificación, percorrido…., que se refira o desfile do ENTROIDO 2026, por parte dos participantes deberá ser dirixida os membros da organización deste evento para que sexa resolta. (Os membros da organización estarán claramente identificados para que se recoñeza quen son)
13) PREMIOS POR CATEGORIAS:
1º Categoría Comparsas :
Para participar nesta categoría é necesaria inscrición previa.
Unha comparsa deberá contar con máis de 40 participantes (con certa flexibilidade), e levar música en directo para a súa participación en comparsa
Os premios dependerán da recadación total, pero sempre Terán un importe mínimo por participación.
2º Categoría de grupos, parexas ou individuaís:
O premio fixarase en función do presuposto obtido, dado que todos os premios serán cuantías económicas. Agasallos para grupos , parexas ou individuáis (Serán económicos en función dos fondos recaudados):
1º premio, 2º premio y 3º premio
14) As inscricións de comparsas, grupos ou individuais faranse a través da Sociedad Cultural Deportiva Salcedo, podendo obter por escoller calquera das seguintes opción:
- Telefonica: Meli: 660.98.34.59
- E- mail de scdsalcedo@hotmail.com – ameliebarreiro@hotmail.com – eventosalcedo@gmail.com
- Directamente o día do desfile media hora antes do inicio como máximo.
- Tamen podese facer a través deste formulario a inscripción e poñeremonos en contacto con vos
Para proceder a inscricións debe indicarse o nome da comparsa ou no seu caso do disfraz que vai participar, número de compoñentes que o forman, un número de teléfono para comunicarse coa persoa responsable, por si existise algunha comunicación urxente.
Tu mensaje se ha enviado
15) Entrega de Premios: Unha vez finalizado o desfile procederase a deliberación por parte do xurado durante un tempo máximo de 60 minutos. Unha vez rematado o prazo de deliberación procederase a entrega dos premios os participantes. No caso das comparsas requírese a presencia de polo menos tres membros desta para recoller o premio (cheque).
PROGRAMACIÓN:
15:45 – Inscripción das comparsas grupos e demais participantes nas inmediacións das pontes entre almuiña e o Xistro.
17:00 – Desfile de comparsas, carrozas, grupos e demais. Saída do cruce O Xistro, pasando por Lg. Carballo do Pazo, seguindo ata o cruce da farmacia, collendo dirección o Cruceiro de Cabanas, por aldea cabanas e Iglesia e rematando no centro social (Casa verde).
19:30 – Enterro de pichinela. Amenizando.
20:30 – Entrega de premios do entroido a tódalas categorías.
21:00 – Espectáculo de Música con DJ.
SAÚDO DO PRESIDENTE
A Sociedad Cultural Deportiva Salcedo, ten a honra de organizar por 12º ano o «Entroido de Salcedo´´, onde un ano mais contaremos con desfile de comparsas e disfraces, enterro do pichinela e baile.
Gustaríanos contar coa vosa participación, e asistencia a este evento no que agardamos pasalo todos moi ben. Pola nosa parte poñemos moitas ganas para que en Salcedo volvamos contar cun Carnaval a altura do noso pobo.
O noso Entroido e para todos aqueles que desexedes disfrutar dunha tarde en familia, agardamosvós. E non podo deixar de agradecer a toda a parroquia de Salcedo que colaboré coa nosa entidade para lograr os fondos precisos para financiar os agasallos que entregamos a todos os gañadores.
Contamos con vos, un saúdo.
D. José Antonio Barreiro Iglesias
Presidente da S.C.D. Salcedo.






