Inicio Cultural Desfile Carnaval Salcedo 2020

Desfile Carnaval Salcedo 2020

1505
0
Compartir
CARTEL BASES DEL DESFILE DE CARNAVAL 2020 SALCEDO

Desfile do Entroido 2020
Parroquia de Salcedo
BASES

O sábado, 21 de marzo terá lugar o Entroido 2020, que nesta octava edición que organiza a nosa entidade. A Sociedad Cultural Deportiva Salcedo convoca o Desfile / Concurso de Comparsas e disfraces.

BASES ENTROIDO:

1) A participación implica a aceptación das presentes bases e está aberta a todas as asociacións de vecinos/as, asociación culturais ou xuvenís, grupos, colexios, ou persoas de forma individual que desexen participar, etc.

2) O desfile terá lugar o sábado 21 de marzo de 2020, a saída e inscripción será xunto o bar O REI DO PINCHO (ANTIGO Bar BIRI), a carón da ponte do Carramal, a partir das 16:15.
A saída será a partir das 17:00 sea organización e participantes e maís a climatoloxia asi o permitan.

** Os participantes poden achegar  a partir das 15:15 horas, xa que os arredores do lugar de saída se pechará o tráfico as 15:10, para organización do inicio do desfile e montaxe dos elementos que sexan precisos por parte dos participantes.

3) O percorrido será…:
Dende a ponte do cruceiro ata o NOVO CENTRO SOCIAL DE SALCEDO (A CASA VERDE)
4) A elección dos MELLORES ENTROIDOS, será valorado por un xurado nomeado para tal efecto,e terase en conta:

  • A orixinalidad, e chispa diante do público,  1 a 5 puntos
  • O vestiario ,e creatividade. ( tanto no deseño do propio disfraz como nas carrozas que o acompañen)  1 a 10 puntos
  • A música e coreografía, Que sexa a maís graciosa  1 a 5 puntos.

5) O xurado estará composto por un representante da Sociedad Cultural Deportiva Salcedo, representantes de asociacións veciñaís e persoeiros do mundo da cultura da parroquia de Salcedo….
O xurado estará composto por un total de 5 a 8 membros
A secretaria da S.C.D. SALCEDO, será a presidente do xurado e a persoa designada para dar a coñecer os premiados. A suma dos puntos dado a cada participante por parte dos membros do xurado dara lugar os gañadores do desfile, que serán aqueles que sumen maís puntos.

6) Os participantes poderán utilizar todos aqueles instrumentos músicaís que desexen,.. para levar a cabo a sua representación.

7) Non será posible a utilización de productos incendiarios por parte dos participantes, fogos de artificio, vengalas… que poidan ocasionar danos os participantes.

8) Non existe idade mínima nin máxima para a participación de forma individual ou conxunta neste desfile.

9) E preciso que os participantes fagan todo o percorrido do desfile para poder puntuar nos premios, sendo motivo de exclusión o feito de que abandonen ou non realicen unha parte do percorrido.

10) Será preciso que os participantes no desfile se atopen na zona designada para o comezo do desfile entre 30-45 minutos antes de comenzar.

11) A cada participante daraselle un número que terán que levar visible durante todo o desfile para que os membros do xurado poidan realizar a valoración de cada un. Serán entregados por membros da organización anteriormente o comezo do desfile.

12) A organización deste evento, reservase o dereito de poder descalificar a aqueles participantes que mostren un carácter impropio da participación neste tipo de eventos, ou teñan unha actitude negativa con respecto o resto dos participantes.

13) Calqueira dúbida con respecto a organización, clasificación, percorrido…., que se refira o desfile do ENTROIDO 2020, por parte dos participantes deberá ser dirixida os membros da organización deste evento para que sexa resolta. (Os membros da organización estarán claramente identificados para que se recoñeza quen son…)

14) PREMIOS POR CATEGORIAS:

1º Categoría Comparsas :
A participación no desfile con unha comparsa será previa inscripción o desfile.  Para participar como comparsa e preciso cumprir unha serie de requisitos coma, ter mais de 40 membros de participante (podese varias un pouco), ter música en directo con instrumentos, levar unha carroza coma mínimo…. Non participaran en concurso para premio, sinon que será a importe fixo e igual para todas as comparsas.
Este importe fixarase en función da recaudación para o evento es maís do numero de comparsas participantes.

2º Categoría de grupos, parexas ou individuaís:
O premio fixarase en función do presuposto obtido, dado que todos os premios serán cuantías económicas. Agasallos para grupos , parexas ou individuáis (Serán económicos en función dos fondos recaudados):

1º premio 00€
2º premio 00€
3º premio 00€

15) As inscricións de comparsas, grupos ou individuís faranse a través da Sociedad Cultural Deportiva Salcedo, podendo obtar por escoller calquera das seguintes opción:

  • Telefonica: Tito Telf. 666.02.84.73Meli: 660.98.34.59
  • E- mail de scdsalcedo@hotmail.com – ameliebarreiro@hotmail.comeventosalcedo@gmail.com
  • Directamente o día do desfile media hora antes do inicio como máximo.
  • Tamen podese facer a través deste formulario a inscripción e poñeremonos en contacto con vos.

Para proceder a inscripción debe indicarse o nome da comparsa ou no seu caso do disfraz que vai participar, número de componentes que o forman, un número de teléfono para comunicarse coa persoa responsable, por si existise algúnha comunicación urxente.

16) Entrega de Premios: Unha vez finalizado o desfile procederase a deliberación por parte do xurado durante un tempo máximo de 60 minutos. Unha vez rematado o prazo de deliberación procederase a entrega dos premios os participantes. No caso das comparsas requirese a presencia de polo menos tres membros desta para recoller o premio (cheque).

CARNAVAL 2017

PROGRAMACIÓN:

16:15 – Inscripción das comparsas grupos e demais participantes nas inmediacións do bar «O Rei do pincho´´
17:00 – Desfile de comparsas, carrozas, grupos e demais. Saída na ponte do Carramal, pasando por Cruceiro e Iglesia e rematando no centro social (Casa verde)
19:30 – Enterro de pichinela. Amenizando.
20:30 – Entrega de premios do entroido a tódalas categorías.
21:00 – Espectáculo de Música con DJ.

SAÚDO DO PRESIDENTE

A Sociedad Cultural Deportiva Salcedo, ten a honra de organizar por 7º ano o «Entroido de Salcedo´´, onde un ano mais contaremos con desfile de comparsas e disfraces, enterro do pichinela e baile.

Gustaríanos contar coa vosa participación, e asistencia a este evento no que agardamos pasalo todos moi ben. Pola nosa parte poñemos moitas ganas para que en Salcedo volvamos contar cun Carnaval a altura do noso pobo.

O noso Entroido e para todos aqueles que desexedes disfrutar dunha tarde en familia, agardamosvós. E non podo deixar de agradecer a toda a parroquia de Salcedo que colaboré coa nosa entidade para lograr os fondos precisos para financiar os agasallos que entregamos a todos os gañadores.

Contamos con vos, un saúdo.
D. José Antonio Barreiro Iglesias
Presidente da S.C.D. Salcedo.

¡SOMOS LENDA. SOMOS FORZA!

Sociedad Cultural Deportiva Salcedo