Inicio Noticias Entrenadores F.C. Cruceiro 0 – 2 Salcedo

F.C. Cruceiro 0 – 2 Salcedo

133
0
Compartir

Primeiro fin de semana con partido amigable para o noso primeiro equipo.

O equipo senior visitaba o campo Javier Guimerans de Hio para enfrentarse o Cruceiro, equipo punteiro da 2 Autonómica, e as sensacions foron moi positivas, cun 0-2 favorable o rematar o encontro.

En convocatoria, 20 xogadores (Tobio, Borja, Iago, A.Pereira, Pablo Porto, Bryan, Gepe, Fer, Fran Castro, Cris, Cho, David Paz, Carnero, Cristian, Neira, Julio, Ivan, Fran Perez e Carabelos) Que demostraron estar con ganas e querer ganarse un posto no equipo.
A primeira metade estivo moi igualada, con dous equipos que trataron de sair sempre combinativo, sendo o cruceiro que teria mais o balón, pero facendose perigoso o Salcedo cunha boa presión que permitia realizar ataques rapidos perigosos. Teria o Salcedo algunha boa ocasion cunha internada na area de Ivan ou un disparo dende a frontal de Jacobo. Tamen o cruceiro obrigou a empregarse a fondo en duas ocasions a Tobio.

Na segunda metade o partido estivo mais loco, mais de ida e volta, con mais ocasions dos dous equipos e menos control do xogo. O cruceiro teria duas boas ocasion, unha salvada polo poste e outra que salva A.Pereira na liña de gol, pero o salcedo repuxose, primeiro con dous corners rematados por Carabelos, despois por un falta moi perigosa forzada por Fran Perez que carabelos outra vez obriga a empregarse ao meta local, e por fin chegarian os goles, o primeiro tras unha boa diagonal de Julio que sirve o balon a Carabelos para que no man a man supero o porteiro cunha baselina, e o segundo tras unha boa presión, Neira roubaria o balon e iriase en conduccion ata definir diante do porteiro. O final 0-2 pero sobre todo unhas boas sensacions do equipo antes un rival de moita entidade.

O domingo que ven o equipo xogara o Trofeo Julio Montes de Salcedo ante o Villagarcia e o Peñaflor, en un triangular que servira para seguir traballando e mellorando de cara o inicio ligueiro.

¡SOMOS LENDA, SOMOS FORZA!

Sociedad Cultural Deportiva Salcedo